A memoria da choiva

También disponible en: Spanish

A memoria da choiva

0 / 5. Votos: 0

Ver Kindle en Amazon
Sinopse de A memoria da choiva

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb.

A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.

En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade.

E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano…

Sinopse de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, tomada de Amazon

Editorial:  Edicións Xerais
Ano:  2013
ISBN 9788499145709

Idioma:  Galego
Formato:  Impreso

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top