A vida secreta de Úrsula Bas

También disponible en: Spanish

A vida secreta de Úrsula Bas

5 / 5. Votos: 1

Ver Kindle en Amazon

Sinopse de A vida secreta de Úrsula Bas

Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad.

Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo.

Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza,
paixón e violencia.

Sinopse de A vida secreta de Úrsula Bas tomada do libro

Recensión de A vida secreta de Úrsula Bas

A vida secreta de Úrsula Bas gustoume moito, moitísimo. Máis que Beleza Vermella, e era moi bo tamén. Estiven a esperar case dous meses a que saíse e conseguino o 5 de maio, un día antes de saír á venda. Pero… eu quería lelo en galego e tiven que esperar ao 7 de maio. Bo, o caso é que me puxen a lelo o día 7 ás tres da tarde (unha traballa polas mañás) e non parei ata terminalo, xa de madrugada. Mereceuno e non supuxo ningún tipo de esforzo. Seguiría, pero terminou. E é un deses libros que, como dicía Joël Dicker en “La verdad sobre el caso Harry Quebert”, dá pena terminar de ler.

A trama e os temas

A trama é moi intelixente e orixinal, aínda que con algunha reminiscencia dunha novela de Patricia Highsmith que non vou mencionar para non dar pistas. Despista totalmente ao lector e déixache en suspense ata o mesmo final, que é moi bo. E toca temas moi interesantes e moi de actualidade.

O cíber acoso, e non me refiro só ao bulliyng escolar. Hai moita xente que ten toda a súa vida na internet, nas diferentes redes sociais, e está exposta a casos como o que se describe en A vida secreta de Úrsula Bas. É un problema moi grave, desde o meu punto de vista, que a xente non sexa consciente desta realidade e do exposta que está.

Tamén toca o tema da depresión feminina. Si, desgraciadamente as mulleres sufrimos máis depresións que os homes, e digo desgraciadamente non porque eu queira que os homes sufran máis que nós, pero témolo máis difícil. Aínda que cada vez menos, as mulleres seguimos sendo, en xeral, amas de casa aínda que tamén teñamos un traballo fóra dela. Si, é un tópico, pero é unha realidade. Isto pesa, e pesa moito. Non vou ir máis aló neste tema, cada un pensa como quere e non son eu quen para cambiar isto. Só dicir que os capítulos en que Úrsula Bas reflexiona sobre a súa situación, motivacións para chegar a ela, etc.,  describen perfectamente a depresión feminina. Falo con coñecemento de causa.

É moi interesante tamén a cuestión dos diferentes puntos de vista da situación matrimonial dependendo de quen estea a expoñela. Eu sempre digo que a culpa dos problemas dun matrimonio corresponde nun cincuenta por cento a cada parte, na maioría dos casos. A causa principal: a falta de comunicación. Isto queda tamén perfectamente reflectido en A vida secreta de Úrsula Bas.

Os personaxes

En Beleza Vermella presentou aos personaxes protagonistas, con todas as súas historias, os seus traumas e as súas dificultades. Agora isto xa está establecido e a parella de protagonistas evolucionou. Aínda que se dedica unha parte importante do libro á relación entre ambos, non é o máis importante e a investigación está sempre en primeiro plano.

En A vida secreta de Úrsula Bas, temos a un novo comisario, Veiga, que substitúe ao xubilado Lojo. Por fin un comisario normal, sen prexuízos cara aos seus subordinados e sen un ego desmesurado que lle importa máis que a resolución dun caso. Faise valer e impón a súa autoridade, case sempre de forma acertada.

E, sobre todo, hai unha bibliotecaria na que vin retratada, desde o principiio, e moi ben, a unha paisana miña e compañeira bibliotecaria tamén, aínda que ningunha das dúas traballemos na biblioteca Ánxel Casal. Isto está confirmado.

Resumindo

Como xa comentei, o final é moi bo, ata a última páxina.

A vida secreta de Úrsula Bas non ten nada que envexar a ningún novelista nacional ou internacional. Non hai asasinatos cruentos, casqueiros e truculentos que impliquen picadoras para carne de porco, nin torturas extremas, nin demais enrevesamentos tan de moda na actualidade. E iso agradécese moito.

Do mellor que lin ultimamente. Chapó.

Os sitios do libro

Serie:  Abad e Barroso; 2

Editorial:  Galaxia
Ano:  2021
ISBN 9788491516231

Idioma:  Galego
Formato:  Impreso

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top