Chovida do ceo

Tamén dispoñible en: Spanish

Chovida do ceo

0 / 5. Votos: 0

Sinopse de Chovida do ceo

En Chovida do ceo, unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa.

O estraño caso será investigado polo escéptico comisario Salorio, que arrastra unha vida privada abondo complicada. Nunha cidade de forte carácter histórico e dirixida polas institucións que, no fondo, lle dan vida, Salorio verase obrigado a investigar tamén a unha parte importante da igrexa tras a desaparición do Codex Calixtino, a alfaia do patrimonio artístico da catedral.

A novela retrata de forma exquisita e divertida a Compostela do noso tempo. Neste novo caso do compostelán inspector Salorio, Alfredo Conde ofrece unha inesquecible novela do mellor xénero negro, tinguida de humor, sarcasmo e unha doce melancolía.

Sinopse da novela, de Alfredo Conde, tomada do libro

Share on facebook
Share on twitter
Share on pinterest
Share on whatsapp
Serie: Andrés Salorio; 2

Editorial: Edicións Xerais
Ano 2014
ISBN 9788499146546

Idioma:  Galego
Formato:  eBook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *