Infamia

Tamén dispoñible en: Spanish

Infamia

3 / 5. Votos: 1

Sinopse de Infamia

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal.

Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. Dúas nenas ás que semella que tragou a terra.

Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.

Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?

Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece.

Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana.

Unha historia de amor, odio e loucura.

Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.

Sinopse de Infamia tomada de Amazon

Share on facebook
Share on twitter
Share on pinterest
Share on whatsapp
Editorial: Edicións Xerais
Ano 2019
ISBN 9788491215370

Idioma:  Galego
Formato:  eBook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *