Os fillos do mar

También disponible en: Spanish

Os fillos do mar

0 / 5. Votos: 0

Ver Kindle en Amazon
Sinopsis de Os fillos do mar

Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido.

Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.

Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela.

Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.

Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.

Sinopsis de Os fillos do mar tomada de Amazon

Recensión de Os fillos do mar – Pedro Feijoo

Gustoume moito. É, en realidade, unha novela de aventuras cun pouco de todo: tesouros perdidos, piratas, persecucións, asasinatos… e o argumento é moi entretido. Unha trama ben fiada e ben resolta.

O peor: o protagonista, Simón Varela, é tan ignorante e cortiño que parece idiota. Nunca entende nada á primeira e tarda tanto en procesar as cousas que o lector vai moi por diante del na resolución do misterio.

Os sitios do libro

Serie:  Simón Varela - Mariña Dafonte; 1

Editorial:  Edicións Xerais
Ano:  2013
ISBN 9788499144757

Idioma:  Galego
Formato:  eBook

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top