Os fillos do mar – Pedro Feijoo

Recensión de Os fillos do mar – Pedro Feijoo

Gustoume moito. É, en realidade, unha novela de aventuras cun pouco de todo: tesouros perdidos, piratas, persecucións, asasinatos… e o argumento é moi entretido. Unha trama ben fiada e ben resolta.

O peor: o protagonista, Simón Varela, é tan ignorante e cortiño que parece idiota. Nunca entende nada á primeira e tarda tanto en procesar as cousas que o lector vai moi por diante del na resolución do misterio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *