Un lume azul – Pedro Feijoo

Recensión de Un lume azul de Pedro Feijoo

Gustoume moito, a pesar de que, como ocorre demasiado a miúdo, temos mención da Divina Comedia de Dante. Hai unha incrible cantidade de novelas cuxos misterios, asasinatos ou o que sexa están baseados na Divina Comedia, sobre todo no Inferno. Ou polo menos, as claves para resolvelos ou certas pistas hai que buscalas alí.

O protagonista, Mateo, o inspector de policía encargado do equipo que investiga os asasinatos, lembra moito, por parvo, a Simón Varela, o protagonista das novelas anteriores de Pedro Feijoo: Os fillos do mar e Os fillos do lume. Nunca entende nada á primeira e faise preguntas que non se faría nin unha criatura de dez anos.

A crueldade e enrevesamento dos crimes lembran un pouco a Pierre Lemaitre. Parece que ultimamente se está impoñendo esa moda. Tamén o atopamos en La novia gitana de Carmen Mola.

A verdade é que os asasinatos, se nos poñemos na pel de quen os comete, están máis que xustificados.

Non hai demasiado suspense porque desde moi pronto sabemos quen e por que comete os crimes. Pero si hai unha historia terrible detrás.

Recomendable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *