A ira dos mansos

A ira dos mansos

¿Te ha gustado este libro?

¡Valóralo!

3 / 5. Votos: 1

Sinopse de A ira dos mansos

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional.

O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.

A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión.

Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.

A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.

Serie: Carlos Manso; 1

Editorial: Edicións Xerais
Año de publicación: 2016
ISBN 9788491211044

Idioma: Gallego
Formato: eBook


2 respuestas

  1. É un dos peores libros de novela negra en galego que teño leído. Que redacten con comicidade e unhas poucas palabras déspotas, calquer lector soporta, mais tanta palabra….

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *