A praia dos afogados

Tamén dispoñible en: Spanish English

A praia dos afogados

0 / 5. Votos: 0

Sinopse de A praia dos afogados

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba.

Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime. Entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos. O único irmán do seu pai está enfermo de gravidade. E a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Share on facebook
Share on twitter
Share on pinterest
Share on whatsapp
Serie: Leo Caldas; 2

Editorial: Galaxia
Ano 2009
ISBN 9788498651805

Idioma: Galego
Formato: Impreso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *