Ninguén contará a verdade

También disponible en: Spanish

Ninguén contará a verdade

2 / 5. Votos: 1

Ver Kindle en Amazon

Sinopse de Ninguén contará a verdade


En Ninguén contará a verdade, Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.
Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación… Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.
«Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.

Sinopse do libro, por Pedro Feijoo, tomada de Amazon

Editorial:  Edicións Xerais
Ano:  2023

Idioma:  Galego
Formato:  Impreso, eBook

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top