Asasinato no muíño do cura

Sinopse de Asasinato no muíño do cura
Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa con Asasinato no muíño do cura, un novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo.
Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece todo, agás a marca indeleble que deixou na súa vida.
Santaclara e Araujo, coa inestimable colaboración de Sinda, a Gestapo, axudarán a Alba a desentrañar o sanguento misterio arredor do seu pasado e baterán coas sinistras irmás Freijomil, netas do cura, e coa vella historia da morte da súa sobriña Berta sendo nena, crime que nunca se resolveu.
E así, en Loeiro, o pacto de silencio entre os veciños vai rachando ata que, nun final trepidante, faise a luz entre as sombras dun pasado cruento que implica a moitos máis dos que pensabamos.
Sinopse do libro, por Arantza Portabales, tomada de Amazon.
Serie: Os crimes de Loeiro; 02
Editorial: Galaxia
Año: 2026
ISBN 9788411765787