Legado nos ósos

Dolores Redondo

Legado nos ósos

0 / 5. 0

Sinopse de Legado nos ósos

En Legado nos ósos, o xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado «basajaun», que sementaron de terror o val do Baztán.

Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do «basajaun» asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado.

Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: «Tarttalo». Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até un trepidante e emotivo final.

Sinopse da novela, por Dolores Redondo, tomada do libro

Serie:  Amaia Salazar; 2

Editorial: Edicións Xerais
Año: 2013

Título original: Legado en los huesos

Idioma: Galego

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio