Onde nacen as bestas

Sinopse de Onde nacen as bestas
En Onde nacen as bestas, entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada.
Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos…».
Esta é unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, onde a montaña marca as personalidades dos seus habitantes e a piedade pode desaparecer en calquera momento. Unha historia cunha atmosfera densa e inquietante, onde as fronteiras entre o cotián e o imaxinario se cruzan e mesturan ata facer imposible distinguir que é real e que lenda.
Pedro Feijoo mergúllanos nunha historia de violencia ancestral, silencios familiares e identidades ocultas. Un thriller apaixonante que explora os recunchos máis escuros da natureza humana, onde todos gardamos os nosos segredos e nada é o que parece. Ou, se cadra, si.
Otras ediciones
Cuando se encuentran en Mi biblioteca se distinguen porque llevan, al final, el número que tienen asignado en mi base de datos.

Título
Editorial:
Año de publicación:
ISBN: 9788466682169
OCLC: 1519661227
Editorial: Edicións Xerais
Año: 2025
ISBN 9788411106856
Número OCLC 1596886848