Os fillos do mar

Sinopse de Os fillos do mar
Os fillos do mar sitúanos en Vigo, onde o mediocre arquitecto Simón Varela recibe un encargo peculiar. Isabel Llobet, unha señora da alta sociedade viguesa, pídelle reformar unha fonte do seu pazo en Canido.
Aos poucos días de iniciar as obras, Simón atopa un cofre pechado. Case ao mesmo tempo, a muller falece en estrañas circunstancias. Este feito involucra o arquitecto nuna intrigante trama familiar chea de perigos.
Nesta trepidante novela de aventuras e misterio con toques de humor, Pedro Feijoo converte a propia cidade de Vigo en protagonista. A acción viaxa constantemente no tempo ata a Batalla de Rande de 1702, pasando pola Guerra Civil e o nazismo, para atopar as claves do presente.
Recensión de Os fillos do mar
Gustoume moito. É, en realidade, unha novela de aventuras cun pouco de todo: tesouros perdidos, piratas, persecucións, asasinatos… e o argumento é moi entretido. Unha trama ben fiada e ben resolta.
O peor: o protagonista, Simón Varela, é tan ignorante e cortiño que parece idiota. Nunca entende nada á primeira e tarda tanto en procesar as cousas que o lector vai moi por diante del na resolución do misterio.
Os sitios do libro
Serie: Simón Varela y Mariña Dafonte; 1
Editorial: Edicións Xerais
Año: 2013
ISBN 9788499144757
Número OCLC 953821766