Ofrenda á tormenta

También disponible en: Spanish

Ofrenda á tormenta

4 / 5. Votos: 1

Ver Kindle en Amazon

Sinopse de Ofrenda á tormenta

En Ofrenda á tormenta, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningún momento de causar sorpresa nos lectores e lectoras.

A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, un ser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida.

A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhas marcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares. Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse á verdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val do Baztán.

Sinopse da novela, por Dolores Redondo, tomada do libro

Serie:  Amaia Salazar; 3

Editorial:  Edicións Xerais
Ano:  2014

Idioma:  Galego
Formato:  eBook

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top