Os fillos do lume

También disponible en: Spanish

Os fillos do lume

3 / 5. Votos: 1

Ver Kindle en Amazon
Sinopse de Os fillos do lume

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas.

A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, sen embargo, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo.

Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos, e imaxes que non son o que aparentan.

Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.

Regresan os personaxes de Os fillos do mar, a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

Sinopse de Os fillos do lume tomada de Amazon

Recensión de Os fillos do lume – Pedro Feijoo

Así como me gustou moito a anterior novela “Os fillos do mar”, esta pareceume bastante mala. O protagonista segue sendo parvo, mesmo máis que na primeira. Eu creo que o 99% das súas intervencións nos diálogos son preguntas.

A trama podería ser interesante se estivese mellor desenvolta. Non hai practicamente investigación, só a narración dos feitos sucedidos no pasado. Unha pena.

Serie:  Simón Varela - Mariña Dafonte; 2

Editorial:  Edicións Xerais
Ano:  2017
ISBN 9788491212324

Idioma:  Galego
Formato:  eBook

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top