Sobrevivindo

Tamén dispoñible en: Spanish

3 / 5. Votos: 1

Sinopse de Sobrevivindo

En Sobrevivindo, Val valdés presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do que saíu vencedora e rica. A partir dese momento, convértese nunha empresaria da que apenas se coñece a súa vida privada.

Alternando pasado e presente. Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo.

Sobre o pano de fondo dunha miríade de personaxes secundarios, a novela vai deixando ao descuberto a noiva adolescente, a alumna, a esposa, a viúva, a nora, a nai, a xefa, a reclusa e a empresaria dunha traxectoria vital apaixonante que avanza sen tregua e sen acougo.

Corresponde ao lector xuntalas nunha busca que o levará a coñecer o misterio escondido detrás desta muller trinfadora e, ao tempo, eternamente derrotada.

Sinopse do libro, por Arantza Portabales, tomada da contracuberta

Editorial:  Galaxia
Ano:  2015
ISBN 9788498656435

Idioma:  Galego
Formato:  Impreso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Scroll to Top