Oito días sen Eva Cortes

Oito días sen Eva Cortes

0 / 5. Votos: 0

Ver Kindle en Amazon

Sinopse de Oito días sen Eva Cortes

En Oito días sen Eva Cortes, a desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais.

Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos.

Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ubeira non estudase xornalismo para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O seu xefe só pensa en vender xornais, mentres ela se enfronta cada día aos seus principios.

O diario de Eva Cortes, as novas do suceso no xornal e a visión de Antía son as tres voces que narran esta novela trepidante.

A novela atrápanos dende o primeiro capítulo e mantén un pulso coa actualidade no tratamento de moitos temas candentes.

Con gran solvencia narrativa transitamos pola vida de dúas mulleres que teñen moito en común, especialmente nos seus desexos e medos.

Sinopse da novela, por Sara Vila Alonso, tomada do libro

Editorial:  Galaxia
Ano:  2021
ISBN 9788491517658

Idioma:  Galego
Formato:  Impreso

Toolset

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll to Top